miércoles, 12 de noviembre de 2008

Xeración de páxinas web en HTML

1. Crea a tua propia páxina web usando html. Está debe ter, polo menos, os seguintes elementos:
a)Nome da páxina:o teu nome
b) Título: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (o teu nome)
c) Cor de fondo: libre elección
d) Contido: Nome, curso e materia.
Relación non numerada dos teus grupos musicais preferidos.
Inclúe unha imaxe dun deles e un hipervinculo a web dun destes grupos.
Relación numerada de peliculas ou libros preferidos. Tamén valen deportes, inquietudes, etc.
Inclúe neste apartado algunha imaxe e web de referencia.
d)Xenera unha linea divisoria horizontal nunha cor que contraste co fondo da páxina.
e)Suxestións sobre as túas clases das tic. Que temática tocarias que non tocamos, faríalo de forma mais teórica, mais práctica, mais videos, etc... calqueira suxestión que poda axudar a mellorar.
f) Dos que vimos, ¿qué temas che gustaron mais e cales menos?
g) Crea uns marcadores de ppio e fin de páxina.

Etiquetas:

jueves, 23 de octubre de 2008

Cuestións sobre códigos de programación

1. Busca na internet, a táboa do código ASCII e para colocala no teu blog como unha entrada ou ben xenera un hiperenlace que leve a ela.
2. Expresa en código binario os números 55 e 205.
3. Indica cal é o valor, en base decimal, dos seguintes díxitos en código binario: 01001000/01000010.
4. Indica que valor tén en código hexadecimal o seguinte número en código decimal 790.
5. Pasa o teu nome a código binario.
6. Busca información de cómo funciona e que significan as iniciais PDA e GPS.

Nota: Trata de que toda a información que colgues e edites como entrada, vaia en galego, podes usar o traducor opentrad ou a feramenta de idiomas de google.

Etiquetas: